Notícia publicada a Concello de Ares
Ares acollerá entre o 26 e o 30 deste mes un curso de autoprotección ante a violencia de xénero
A adquisición de destrezas que proporcionen ás mulleres unha maior habilidade para xestionar positivamente as situacións de risco por violencia e, polo tanto, teñan unha percepción de maior seguridade persoal, é o principal obxectivo do Curso de Autoprotección que coordina o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Ares. Esta iniciativa, que se integra dentro das actividades contra a violencia de xeénero que oferta ás entidades locais a Secretaría Xeral de Igualdade, desenvolverase no pavillón deportivo municipal de Ares entre os días 26 e 30 deste mes de novembro, cun horario de 10.00 a 12.30 horas.
En total, o curso durará doce horas, estruturadas en sesión teóricas e prácticas, que serán impartidas por axentes de Policía especialistas en violencia de xénero e que levan a cabo o seu traballo en unidades vencelladas a esta problemática e en tarefas de custodia de mulleres con ordes de protección.
As mulleres interesadas en participar nesta iniciativa que pretende dotalas dunhas habilidades determinantes e que poden marcar a diferenza entre superar o risco ou sucumbir a el, poderán inscribirse no CIM do Concello de Ares ata o vindeiro luns, día 19, no seu horario habitual de atención ao público.